setembro, 2019

19set19:00'Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos' de Marta MachoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

Este libro é un achegamento á vida e o labor de trece matemáticas. A selección pretende amosar unha representante de cada disciplina matemática, mulleres de diferentes nacionalidades e de distintas épocas, e –asemade- recoller científicas afamadas, pero tamén de pioneiras descoñecidas.

Moitas mulleres que se dedicaron á ciencia, en particular ás matemáticas, son pouco coñecidas e recoñecidas. Con todo, realizaron grandes achegas á álxebra, á xeometría ou ao cálculo, por citar algunhas disciplinas. Probablemente, malia as moitas prohibicións que sufriron as mulleres ao longo da historia, as matemáticas teñen un matiz especial: a fase máis creativa pode realizarse moitas veces en solitario. E quen pode prohibir pensar? Quen pode controlar a imaxinación?

Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos é unha homenaxe ás mulleres que, a pesar de todas as vicisitudes sufridas, brillaron en matemáticas. Pero tamén desexa recoñecer a aquelas que souberon aprender e transmitir con paixón esta materia durante xeracións.

Interveñen:

Amelia Verdejo, Carmen Quinteiro,  Mª Xosé Souto, Miguel Mirás (coaut.)

Hora

(Xoves) 19:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X