29ago21:00MU2: 'NOSFERATU'CONCERTOS | Desde 12,43 €21:00(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
Entre o 27 e o 30 de agosto, Caspervek organiza MU2: III Xornadas de cinema mudo e música, un festival único que une cinema silente, música en directo
Detalles do eventos
Entre o 27 e o 30 de agosto, Caspervek organiza MU2: III Xornadas de cinema mudo e música, un festival único que une cinema silente, música en directo e experiencias inmersivas, na Fundación Sales. Durante catro noites consecutivas, o público poderá gozar dunha programación cinematográfica composta por clásicos do cinema mudo, acompañada por bandas sonoras orixinais compostas e interpretadas por Caspervek Ensemble, referente europeo na musicalización contemporánea de filmes históricos.
PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA COMPLETA
27 de agosto
- 21:00 h | A Casa da Troia (1925), unha das primeiras longametraxes rodadas en Galicia, recuperada cen anos despois. Antes da proxección, a musicóloga, Estíbaliz Santamaría, ofrecerá unha introdución sobre a historia e o contexto do filme, así como a súa conexión coa música popular da época.
28 de agosto
- 21:30 h | E cando menos, nacemos (Yasujiro Ozu, 1932), un retrato lúcido da infancia, o orgullo e as pequenas resistencias diarias que marcan a vida.
29 de agosto
- 21:00 h | Nosferatu (F. W. Murnau, 1922), unha obra mestra do terror expresionista. Antes da proxección, presentarase un documental realizado por Caspervek durante a súa viaxe polas localizacións orixinais do filme en Alemaña e Eslovaquia. A sesión completarase cun novo screening fotográfico vinculado ao universo da película.
30 de agosto
- 21:00 h | Go West (Buster Keaton, 1925), un western surrealista no que Keaton fai amizade cunha vaca chamada Brown Eyes. Cun humor seco e mirada estoica, transforma o deserto americano nun escenario de tenrura, torpeza e enxeño. Un filme que demostra que ata no salvaxe oeste hai lugar para a poesía cómica.
- 22:30 h | The Kid Brother (Ted Wilde, J. A. Howe e Lewis Milestone, 1927), unha comedia chea de corazón e acción na que un mozo tímido loita por demostrar o seu valor nunha familia de forzudos. Cun ritmo vibrante, gags milimétricos e emoción sincera, esta xoia do slapstick é tamén unha historia de superación. Harold Lloyd brilla como nunca nun dos seus filmes máis celebrados.
A maiores, MU2 tamén ofrece unha serie de experiencias complementarias que o enriquecen notablemente como, por exemplo, un espazo de instalación audiovisual baseada nas orixes do cinema, un área de descanso con música de época e servizo de bar, realidade aumentada ou screenings fotográficos.
Con todo, destacan os Escape Rooms inspirados no universo de Nosferatu (F. W. Murnau, 1922), que terán lugar os días 28, 29 e 30 de agosto. Cada un presentará unha historia e mecánicas distintas. Nos mesmos, os participantes poderán competir por un pase gratuíto para a vindeira edición do festival.
Por último, este ano, o evento incorpora tamén un apartado gastronómico, da man do restaurante As Cunchas.
ENTRADAS AQUÍ.
Hora
29 agosto, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

