>

29ago12:00Mu², xornadas de Cinema Mudo e Música de Vigo: 'Escoita...é cine!'PEQUERRECHOS | Desde 0,00 €12:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

As Xornadas de Cinema Mudo e Música de Vigo, mu², celebran a súa cuarta edición do xoves 27 ao sábado 29 de agosto no xardín botánico da Fundación Sales. Durante tres noites, o público poderá gozar de clásicos do cinema mudo proxectados ao aire libre, acompañados por música orixinal composta e interpretada en directo polo quinteto residente Caspervek, dirixido polo pianista Brais González.

Os filmes proxectados serán TabúMetrópolis y El maquinista de la General. Ademais, o sábado pola mañá o festival ábrese ás familias co concerto didáctico Escoita… é cine!.

As entradas xa están á venda en mu2.caspervek.com desde 12,00 euros, con posibilidade de bonos para varias noites. No concerto familiar «Escoita… é cine!», os menores de 12 anos entran de balde.

PROGRAMA:

Xoves 27, ás 21:30 h – Tabú (F.W. Murnau, 1931), a obra póstuma do director de Nosferatu, rodada nos Mares do Sur

Venres 28 ás 21:30 h- Metrópolis (Fritz Lang, 1927), a gran distopía fundacional da ciencia ficción

Sábado 29 ás 12:00 h – Concerto familiar Escoita… é cine! no que Caspervek achega aos máis pequenos a maxia da música de cinema en directo, e coa proxección na cámara escura de Cincenta (Lotte Reiniger, 1922), unha xoia da animación de siluetas.

Sábado 29 ás 21:30 h – O maquinista da general (Buster Keaton, 1926), unha das comedias máis celebradas de todos os tempos.

As portas do xardín abren cada día ás 18:00 horas cunha programación paralela pensada para gozar da contorna botánica. As veladas complétanse con escape rooms ambientadas no universo de Metrópolis, unha cámara escura, unha zona de escoita de discos de 78 rpm e un roteiro polo xardín botánico.

Hora

29 agosto, 2026 12:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events