Movemento feminista e literatura infantil: entre a coeducación e o activismo

04nov19:00Movemento feminista e literatura infantil: entre a coeducación e o activismoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Por que era (e é!) importante a literatura infantil para os feminismos? Que fíos cinguen o movemento feminista e a literatura infantil en Galicia? Que accións levaron a cabo as feministas que remataron influíndo nos textos literarios? De que maneira os libros poden axudarnos a crear unha sociedade máis igualitaria? Velaquí algunhas das cuestións que se abordarán neste faladoiro e que nos axudarán tamén a seguir lendo en violeta.

Montse Pena traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia, a Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II (Xunta de Galicia, 2011) ou o ensaio Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (Laiovento, 2018)

O faladoiro realizarase de maneira virtual a través de Google Meets.

Código de entrada na reunión: uyr-ckex-mxq

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!