
Detalles do eventos
MOURA é sen dúbida unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal e como proba disto está o seu paso por citas de primeiro
Detalles do eventos
MOURA é sen dúbida unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal e como proba disto está o seu paso por citas de primeiro nivel coma Resurrection Fest, Monkey Week, Sound Isidro, Festival de La Luz, Sonic Blast, Festival Noroeste ou Los Conciertos de Radio 3, entre outras. 2023 será un ano para continuar presentando ‘Axexan, espreitan‘ ao vivo e embriagar co seu aquelarre sonoro a tódalas persoas que presencien algún dos seus concertos.
Hai unha terra verde nos confíns de Europa, onde remata o mapa e comenza o mar. Dende un recóndito lugar entre a costa e a montaña, MOURA debuxan un pequeno mapa do patrimonio inmaterial do pobo galego elaborado a base de lembranzas persoais, costumes populares, ritos como elemento social e a presenza de espíritos dos que xa non están, facendo que a liña entre o mundo dos vivos e dos mortos se esvaeza. A banda formada por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Brais Villar, Pedro Aguado e Belém Tajes convídate a formar parte do seu particular aquelarre na procura do transo colectivo empregando a lingua galega como voz ritual.
Acompañándoos estarán os portugueses Desert Smoke, que veñen de xirar por España, Francia e Suíza, e os galegos Mascada.
Máis
Hora
24 febreiro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
- Mes actual