XERAIS

03mai19:00Mostra de Teatro Amador: 'Los   querubines de la ría de Vigo'ESPECTÁCULOS | Caixa inversa19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A segunda edición da Mostra de Teatro Amador desenvolverase durante as fins de semana entre o 2 de maio e o 13 de setembro de 2026. Manterase o sistema de entrada libre con achegas voluntarias ao remate das funcións por parte do público asistente.

Nesta nova edición increméntase a participación con respecto ao ano anterior, sumando tres novas entidades ata acadar 18 colectivos e arredor de 200 persoas implicadas. A organización anima á cidadanía a asistir ás representacións co obxectivo de superar os 2.000 espectadores rexistrados na edición previa.

Entre as asociacións participantes atópanse colectivos culturais e grupos teatrais de diferentes barrios e ámbitos, que configuran unha programación diversa e representativa da escena afeccionada da cidade.

O día 3 de maio, ás 19.00, actuará o grupo Camaux coa obra ‘Los querubines de la ría de Vigo’, de Jesús Muñiz.

Sinopse: A obra, Os Querubines da ría de Vigo, invita o espectador a penetrarse nese territorio misterioso onde o ordinario transfórmase en extraordinario e o trivial revela o seu lado máis sorprendente. Humor, intriga e poesía entrelázanse para construír unha atmosfera na que os xestos, os encontros casuais e as miradas poden formar parte de algo invisible.

Programa

  • 02 de maio.  20.00 horas. Compañía Bule Bule: “Eloisa está debajo de un almendro”. 
  • 03 de maio. 19.00 horas.  Compañía Camaux,: “Los   querubines de la ría de Vigo”  .
  • 09 de maio. 20.00 horas. La Casa del Teatro:“A voda do esganarello”.
  • 10 de maio. 19.00 horas. Desfeita Teatro: “Ai, avoa!!”.
  • 16 de maio. 20.00 horas: Arco Iris Teatro: “La tienda de los horrores”.
  • 23 de maio: 20.00 horas. Teatreando sin parar, con “El olvido”.
  • 24 de maio. 19.00 horas. Teatro Escoitade, con “A cova das mil mulleres”.
  • 31 de maio. 19.00 horas. Konflito, con “De velenos, amoría e outras ledicias do medievo”.
  • 06 de xuño. 20.00 horas. Helios Teatro: “E a vostede que lle sucede”.
  • 07 de xuño. 19.00 horas. Lameiro, Cia Teatro: “O lago das nenas malas”.
  • 13 de xuño. 20.00 horas . Noitebras teatro, con “Retablo do esperpento”    .     
  • 14 de xuño. 19.00 horas. Rueiro: “Profesión precaria”.
  • 20 de xuño. 20.00 horas.  Porta Aberta: “Que farían sen min”.
  • 21 de xuño. 19.00 horas. Troate Laboratorio:  “A rata”.
  • 27 de xuño. 20.00 horas. O Eido teatro: “Larvae”.
  • 28 de xuño. 19.00 horas.  Fauna 113: “Sopa de morcego, SOS, Metamorfosis”.
  • 12 de setembro. 20.00 horas. Larolanxa: “Crónicas marcianas”.
  • 13 de setembro. 19.00 horas. Allegro teatro: “Don Quijote nos infernos”.

Hora

3 maio, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events