FAITE AMOVIDALOVER

21feb19:00MOSTRA DE IMPROVISACIÓN EN VIGO (XIII EDICIÓN)espectáculos | de balde19:00(GMT+01:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

MOSTRA DE IMPROVISACIÓN EN VIGO (XIII EDICIÓN)
Un ano máis, a asociación O.R.A.L. de Galiza ofrécelle a poboación viguesa e da súa contorna, a posibilidade de disfrutar dunha xornada de improvisación , rimas e retranca a esgalla, presenciando os distintos espectáculos que lles presentamos.
Para mallar na regueifa contaremos cunha mestura de repentistas experimentados, como poidan ser Xairo D ́Herbón, gran revelación no concurso do Espallarrimas de Carballo (organizado pola Voz de Galicia), Mani Braga, xa rodado en numerosos bolos , sempre co mazico dialéctico listo para baterlle ó contrincante, Nuria Penas, da canteira do Marco de Camballón, que xa foi con Lupe Blanco de xira por un par dos Festivais mais importantes da Península, o de Villanueva de Tapia, en Málaga e mailo do Trovo de Cartagena, con outr@s que se estrearan ante os afeizoados da parroquia, nesta edición serán : Tiziana de Cruces outro xove talento do Marco de Camballón, de 17 anos, e logo dous prometedoras alumnas, aínda que de idade madura, do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV), subvencionado polo Concello de Vigo e formados pola
filóloga, poeta e regueifeira Branca Trigo, que fala marabillas deles e da fé de que non defraudarán, xa que calidade teñen dabondo, falamos de Lita Martínez e de Vento de Chico (residente no Morrazo).

Dividirémolos en dous grupos de tres, para que se enfronten a varios xogos de verbas e de rol, entre outros, que lles terá preparados Alba María, que fará de condutora da xornada.
Esta terá un especial protagonismo, pois aparte de presentadora, fará de partenaire ir do percusionista e cantante do Viso (Redondela), Josiño da Teixeira, na regueifa de apertura do evento.
Ademais xunto co extraordinario pianista vigués residente en Compostela, Nacho Muñoz , (tamén coñecido como Madamme Cell ou Parkour sonoro) é integrante de varios grupos de Rock e de Orquestras de improvisación, sendo moi recoñecido na súa faceta de produtor, pois realizou esta función no primeiro disco de Mercedes Peón.
Ofrecerannos un concerto de piano preparado e voz, sen un repertorio predeterminado, a idea é que vaían construindo o recital en base ós inputs que vaian recibindo sobre o escenario.
Non esquezamos que Alba Ma, aparte de licenciada en Filoloxía Galega, é unha reputada cantante, acordionista, regueifeira e improvisadora senlleira, polo que a colaboración entre ambos promete un gran resultado, agardemos que se cumpran
estas previsións. Como colofón da mostra temos o máis insigne dos repentistas cubanos vivos e a un dos maiores estudosos que hai no mundo sobre o eido da improvisación en verso, o catedrático Alexis Díaz Pimienta, tamén poeta e novelista, que xa estivo varias veces no noso Certame, pero que xa facía uns anos que non acudía.
Este polifacetico improvisador, que ten percorrido máis de 40 países dos cinco continentes e actuado con artistas da talla de Silvio Rodríguez, Joaquín Sabina, Jorge Dresler e Juanes, entre outros, ademais é autor dos libros especializados “Teoría de la improvisación” e “Método Pimienta para la enseñanza de la improvisación poética”, que usa na súa práctica como profesor, nas numerosas academias nas que imparte docencia, para ensinar tanto a improvisar textos literarios como cancións.
Como as súas idas e vidas entre Cuba e Andalucía son constantes, tamén ten colaborado na posta en valor dos trovos almerienses e granadinos.
O seu espectáculo apoiarase na participación do público e na dos restantes compañeiros de escenario.

En fin, coidamos que nos quedou unha proposta moi variopinta, con desafíos orais, xogos de verbas de todo tipo, con experiencias sonoras creadas “in situ”, na que sobresairá o alto grao de cooperación que haberá entre tod@s el@s.

Hora

21 febreiro, 2026 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events