18abr18:00Moskarockfestivais e feiras | desde 18,00 €18:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
O Moska Rock crece Antes, a Rebullón acolle esta fin de semana a cuarta edición do MoSka Rock, o festival de música ska e punk
Detalles do eventos
O Moska Rock crece
Antes, a Rebullón acolle esta fin de semana a cuarta edición do MoSka Rock, o festival de música ska e punk en Mos, que este ano dá un paso adiante con dúas xornadas de música e carpa exterior.
O día grande será este sábado desde as 18 horas. O Moska Rock programa cinco grandes bandas na Sala Rebullón: Barracüda, Eskravos, Skadelos, Sustanciados e TheEskarallas. Entre os concertos, a festa trasládase á carpa exterior onde continúan o espectáculo cos sets de DJ Jack Fabr e DJ Jenni Riveiro. As entradas para o sábado están xa á venda online desde 18 euros en anticipada, ou 23 na billeteira.
A banda madrileña Barracüda destaca pola súa madurez compositiva e unha potente posta en escena que os levou a compartir escenario con bandas icónicas do rock español e a recibir excelentes críticas de medios internacionais. O grupo punk rock TheEskarallas, consolidados na escena cos seus directos potentes, chegan á Rebullón con novo material e nova xira “Con Satán Tour”, coa que visitarán España e Europa nos anos 2026 e 2027.
Formado no 2019, Sustanciados sobresae pola potencia dos seus directos e unha traxectoria ao alza. Agora lanza este ano novo traballo, “Sustancia2”, co que o grupo se consolida na escena actual mantendo a súa esencia colaborativa e enérxica. Pola súa banda, Eskravos chegan ao Moska Rock desde A Estrada coa súa descarga de hardcore punk combativo, letras afiladas e unha posta en escena directa intensa que non dá tregua. Pola último, Skadelos aposta desde O Carballiño por un ska enerxético e festivo, cheo de crítica social e ritmos bailables, que converte cada concerto nunha celebración colectiva.
E como un día quedaba algo curto, a organización do evento decidiu sumar forzas coa escola de música MezclaMos Música, que imparte as clases de formación de Dj’s na Sala Rebullón, para crear o MoskaTEK, un novo festival de música electrónica de doce horas de duración, once DJs, na carpa exterior da sala Rebullón. O venres 17, desde as 19 horas, desde só 5 euros á venda na billeteira.
Hora
18 abril, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain



