REVISTA ABRIL

Mosca

15abr20:00MoscaESPECTÁCULOS | Desde 10,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Unha nova obra na Sala Ártika. Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pero vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.

Augurante e intensa, Mosca, somérxese na vida dun neno e que é o que sente sufrindo bullyng, pero tamén no tempo, nos prexuízos e no non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola. A impotencia de non saber o que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia , o amor, a compaixón e o acoso.

Sábado 15 e domingo 16 ás 20:00 h na Sala Ártika.

Venta online anticipada: 10,00 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)

Na billeteira: 14,00 €

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events