'Mortais e vulnerables' de Furia Sotelo

30set20:00'Mortais e vulnerables' de Furia SoteloESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Obra:
Este solo de danza interpretado pola bailarina Alejandra Balboa,fai unha viaxe metafórica ao redor da fraxilidade da existencia humana. A peza busca a esencia común a esta fraxilidade, máis aló das aparencias .É unha proposta radical senmpre que busca a raíz espida do acontecer.Afastándose dos adornos anecdóticos dos acontecementos. O corpo como protagonista e o movemento como vehículo para encarnar o mortal, o vulnerable, os desexos, o eterno retorno. O circular e pendular como fío conductor das dinámicas espaciais. A fragmentación e transformación dun corpo que móvese entre a vontade e o devir.

Compañía:
Bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo,docente no eido do movemento, traballadora no eido social das artes, promotora e coordinadora do espazo de creación artísticaeacción social no medio rural A Casa Vella. Como intérprete traballa en compañías de danza e teatro como o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía.Mikel Arístegui ydesde 2013 forma parte del elenco regular de Matarile Teatro. Los espectáculos de la Licenciada Sotelo (Métanse nos seus asuntos, Usted está aquí, Estado de gracia, Ensaio amor, Incerteza, A Gala, Rosa, Entre, Mortais e vulnerables) foron apoiados por AGADIC, o Festival ALT de Vigo, o Festival Escenas do Cambio, Corpo (a) Terra, entre outros. E participaron na programación de festivais nacionais e internacionais. Ademais de dirixiros espectáculos da Licenciada Sotelo, realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes artistas, compañías e mais eventos. En 2017 foi galardoada como coreógrafa pola obra Ensaio amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibiu o Premio de Interpretación Maruja Villanueva do Concello de Padrón .No eido social das artes, traballou en proxectos para a compañía 5S ou o Festival Internacional de Danza Deltebre Dança. En 2019,oseu proxecto escénico comunitario e inclusivo «Ser con» foi un dos beneficiarios do programa Arte para el Cambio de la Fundación La Caixa. Dende 2016écolaboradora habitual dos programas de igualdade do Concello de Allariz.

Ficha artística: Dirección e coreografía: Nuria Sotelo. Intérprete: Alejandra Balboa. Creación:Nuria Sotelo, Beatriz Palenzuela e Rafael De La Lastra. Asistente de coreografía: Alejandra Balboa, Beatriz Palenzuela e Rafael De La LAstra. Colaboración: Mónica García, Nacho Cárcaba i Elisa Medina Hudgins. Espazo sonoro: Mounqup. Deseño de iluminación: Del Ruiz. Fotografía: Rubén Vilanova. Vídeo: Carlota Mosquerae Rubén Vilanova. Deseño gráfico: Diego Blanco.

Prezo de entradas en Teatro Ensalle:
Normal: 10€
Estudantes: 7€
Estudantes EOI: 7€
Xubilados: 7€
Grupo de 10 persoas: 7€
Desempregados: 6€
Estudantes ESAD: 5€
Socios 50%: 5€
Socios 100%: 0€

Máis