REVISTA NOVEMBRO

MORRASOUND ROCK FEST

02xul16:0022:00MORRASOUND ROCK FESTFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 5,00€16:00 - 22:00(GMT+02:00) Parque de Samertolameu (Meira)

Detalles do eventos

O Morrasound Rock Fest é o evento principal da Asociación Cultural Fontenla, creada co obxectivo de aumentar a oferta de actividades socioculturales no Morrazo. Nace no 2016, froito do traballo altruista das personas que o levan a cabo. É un festival familiar, que combina a música rock coas artes escénicas e circenses. Ao mesmo tempo, ofertan obradoiros e animación para os cativos e cativas. Unha feira de artesanía e diferentes postos de comida completan a oferta de cada edición. Habitualmente celébrase durante dous días de verán, no Mirador da Fontenla (Moaña), un espazo que presenta unhas vistas únicas da Ría de Vigo. Esta quinta edición levarase a cabo o venres 2 e o sábado 3 de xullo, no parque de Samertolameu de Meira e no Mirador da Fontenla de Domaio, respectivamente.

VENRES, 2 DE XULLO:

ANIMACIÓN E MESTRE DE CEREMONIAS
Peter Punk Pallaso Peter Punk é o pallaso oficial do Morrasound. Imprescindible para a animación dos máis pequenos (e non tan pequenos).

CONCERTO PUNK INFANTIL por Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas Un cantante de punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado Concerto PunkInfantil. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

ENXEITO
Enxeito é un grupo galego formado por Óscar (guitarra e voz), David (voz), Montse (saxo), Adri (batería) e Jose (baixo). Mesturan estilos funk e rap, dando un sonido fresco e orixinal. O seu álbum Superfunk está composto por oito temas cos que defenden a nosa lingua dentro do panorama musical do momento. No 2020 participaron como semifinalistas, xunto con outros seis grupos máis, no concurso EDP Live Bands.

ZALOMON GRASS
Zålomon Grass e o seu blues cósmico e desbordante chegaron para sacarnos da apatía e o entumecimiento destes tempos tan estraños. Cando outras bandas desisten ou se abandonan á auto compaixón, Optan por auto producir unha gravación en directo nos estudos Radar de Vigo empapada de suor e cargada de electricidade. Catro temas orixinais nos que baixo, batería, guitarra e voces lévannos polos carreiros do hard blues máis setenteiro. A épica de Led Zeppelin está aí, como tamén o retumbar paranoide e lisérgico dos tambores de Black Sabbath ou os aullidos exóticos da guitarra de Hendrix. David Rodd, Mauro Comesaña e Gabriel Mckenzie; tres músicos coa cabeza envolta en nubes de fume multicolor pero cunha idea ben clara: achegar sangue novo a un legado imperecedoiro.

Máis

Hora

2 xullo, 2021 16:00 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

Parque de Samertolameu (Meira)

Calle Playa, 14C, Moaña, Pontevedra

Other Events