
11feb21:00MORGANCONCERTOS | Desde 18,00€21:00 Teatro Afundación
Detalles do eventos
O 11 de Febreiro, ás 21:00 h, Morgan mostrará o seu último traballo “ The River and the Stone” no Teatro Afundación de Vigo no que será o
MORGAN
O 11 de Febreiro, ás 21:00 h, Morgan mostrará o seu último traballo “ The River and the Stone” no Teatro Afundación de Vigo no que será o seu primeiro concerto de presentación en Galicia.
Morgan volven aos escenarios despois de case 2 anos coa súa xira “ The River Tour”, para presentar o seu terceiro traballo de estudo titulado “ The river and the stone”. O novo álbum de estudo de Morgan é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020. “The River and the Stone” é o resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos. Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia, ao estudo Le Manoir de Léon, xunto a Campi Campón na produción. Está mesturado por Stuart White ( Beyoncé, Autolux) en Los Ángeles e masterizado por Colin Leonard ( SING Mastering) en Atlanta, GA.
Máis
(Venres) 21:00