Morat – A Movida

xullo, 2018

31xul23:00MoratCONCERTO | De balde23:00 Parque Castrelos

Máis

Detalles do evento

Morat é unha xoven banda que atesora maxia, talento e cabeza. Formada por Juan Pablo Isaza, guitarra e voz, Juan Pablo Villamil, guitarra, baixo e voz, Martín Vargas, percusión e coros, e Simón Vargas, baixo e coros; catro colombianos cunha media de idade 22 anos. “Sobre el amor y sus efectos secundarios” é un disco moi homoxéneo, pero cunha variedade que enriquece sen perder o selo do grupo. A súa música está impregnada de raíz colombiana, pero tratada de forma moi global. Por iso o resultado é tremendamente fresco e apetece oír cada unha das súas cancións. As letras son estudadas e traballadas, con alusións a García Márquez e a Neruda. O libreto do álbum ven con “instrucciones de uso” -ao Cortázar. Un disco que relata, paso a paso e en orden, todas as facetas dunha relación romántica.

Para a zona baixa as entradas están a 5,00 €

Hora

(Martes) 23:00

Lugar

Parque Castrelos

Av. de Castrelos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X