
Detalles do eventos
Montes de Vigo e Concellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Vegalsa-Eroski, lanzan X Andaina polos montes de Vigo que se celebrará o domingo 11 de maio, pola mañá no Parque Forestal
Detalles do eventos
Montes de Vigo e Concellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Vegalsa-Eroski, lanzan X Andaina polos montes de Vigo que se celebrará o domingo 11 de maio, pola mañá no Parque Forestal do Vixiador. Como cada ano ofrécese a posibilidade de realizar rutas de diferentes distancias, acorde coa condición física de cada un. Tamén se celebrará unha peque-ruta e actividades dirixidas ao público infantil.
A andaina longa, de 20 quilómetros de distancia, sairá ás 8:00 h; a andaina media, de 12 quilómetros ás 9:00 h; e a ruta curta, de 6 quilómetros, ás 11:00. O punto de encontro é o parque forestal do Vixiador e desde aí as andainas circularán polos sendeiros locais de Candeán e de Cabral, pasando tamén polos parques forestais de Bandeira e de Cotogrande ou por lugares de interese arqueolóxicos como a Mámoa do Vixiador ou a Necrópole da Chan dos Touciños (a carón do Cemiterio de Candeán). A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, coas curiosidades das sequoias e das oliveiras plantadas en Candeán, así como o problema das especies exóticas invasoras.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade.
Para os máis pequenos da casa hai preparada unha peque-ruta de 2 quilómetros e actividades Infantis como un rastrexo, tiro con arco e xogos populares.
Inscrición: no 010 (986810260 desde móbil) desde o mércores 30 de abril ata o venres 9 de maio, as 13 horas.
Rutas para familias nas que inscribirse: Peque-ruta (2km aprox), Ruta curta (6km aprox), Ruta media (12 km aprox), Ruta longa (20km aprox).
Aos participantes agasallarase cunha camiseta e un kit de abastecemento cortesía de Vegalsa-Eroski.
Máis
Hora
11 maio, 2025 08:00(GMT+02:00)
Localización
Parque Forestal do Vixiador
Camiño Monte Vixiados, 36317 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual