CAMELIAS NADAL

08nov21:00MontedapenaCONCERTOS | Desde 13,00 €21:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Monte da Pena é un alto na península do Morrazo (Pontevedra). Un lugar con vistas ao mar no que predomina o verde. Montedapena é o novo proxecto musical de Héctor Rodríguez. A Héctor asáltalle de maneira recorrente un recordo de infancia; é os aniversarios do seu tío, hai música en directo, gravan un curto cutre. É feliz e aí nace unha paixón. Todo sucedeu no Monte dá Pena.

Por iso Montedapena, o seu novo proxecto musical, que se presenta cun disco homónimo, é moito máis que un álbum. Esta proposta é un lugar ao que pertencer. O novo artista, coñecido tamén pola súa participación en Lontreira, ofrécenos un traballo que destila toda a súa experiencia e personalidade como produtor e cantante. Neste debut, Montedapena fusiona o pop das últimas décadas cun estilo contemporáneo que o fai único, creando unha atmosfera sonora que non deixará indiferente a ninguén.

Montedapena estará presentando o seu traballo na sala Kominsky o sábado 8 de novembro.

ENTRADAS NESTA LIGAZÓN.

Hora

8 novembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events