REVISTA NADAL

19dec(dec 19)16:3020(dec 20)21:00Mona: mercado de arteFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:30 - 21:00 (20)(GMT+01:00) A Póla

Detalles do eventos

A Póla, no número 7 do Paseo de Alfonso (Vigo), acolle este venres e sábado a novena edición do mercado de arte, deseño e ilustración Mona. Celébrase desde as 16.30 horas ata as 21.00 horas na terraza do negocio, a 200 metros da árbore xigante de Porta do Sol.

Reunirá cada día a diferentes artistas que ofrecerán ilustración botánica, cerámica, acuarela, adhesivos, manga, xoiería elaborada a man, debuxo realista, pintura acrílica, láminas ou postais. A organización destaca que “se trata dunha gran oportunidade para comprar agasallos únicos a artistas locais en pleno Nadal”.

A cofundadora do mercado MONA, a ilustradora e deseñadora gráfica Larissa Lyra, destaca que o obxectivo do evento é “levar a arte a lugares inesperados, mostrando o traballo de artistas emerxentes e consolidados a un público amplo”. “A idea é democratizar a cultura, facéndoa accesible e sorprendente fose de museos ou galerías tradicionais”, comenta.
Na conta de Instagram do mercado, @mona_mercadoarte, pódese profundar no estilo de cada un dos artistas, artesáns ou colectivos que formarán parte do evento, descubrir algunhas das creacións que expoñerán a fin de semana no Mona, coñecer que día acudirán á Póla ou gozar de imaxes e vídeos das edicións anteriores.

Hora

19 decembro, 2025 16:30 - 20 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

A Póla

Paseo de Alfonso XII, 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events