>
Detalles do eventos
O concello revelou esta mañá a actuación número once dos concertos deste verán no auditorio de Castrelos. O rock dos mexicanos Molotov porá Vigo patas arriba o xoves
Detalles do eventos
O concello revelou esta mañá a actuación número once dos concertos deste verán no auditorio de Castrelos. O rock dos mexicanos Molotov porá Vigo patas arriba o xoves 16 de xullo. Pasarán pola cidade olívica co seu Frijoleuros Tour 2026, co que celebran tres décadas de traxectoria.
Molotov é unha banda mexicana de rock formada en Cidade de México en 1995, coñecida pola súa mestura de rap, funk e hard rock, así como polas súas letras irreverentes, satíricas e de forte crítica social e política. O grupo alcanzou proxección internacional co álbum ¿Dónde Jugarán las Niñas? (1997), convertido nun referente do rock latino contemporáneo grazas a temas como “Gimme Tha Power” ou “Frijolero”. Ao longo da súa traxectoria, Molotov consolidouse como unha das formacións máis influentes e provocadoras da música iberoamericana.
Programación provisional de Castrelos:
- 2 de xullo – Deep Purple
- 16 de xullo – Molotov
- 18 de xullo – Coral Casablanca
- 24 de xullo – Ópera Carmen
- 30 de xullo – Chayanne
- 1 de agosto – Noite de zarzuela
- 7 de agosto – Abraham Mateo
- 9 de agosto – Ópera Nabucco
- 11 de agosto – The Corrs
- 14 de agosto – Viva Suecia
- 15 de agosto – Iván Ferreiro
Hora
16 xullo, 2026 22:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
xuño



