
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra por sétimo ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria ‘Móllate pola Esclerosis Múltiple’. O próximo
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra por sétimo ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria ‘Móllate pola Esclerosis Múltiple’. O próximo domingo 14 de xullo a praia de Samil acollerá, de maneira exclusiva en toda a comunidade galega, esta campaña de sensibilización social que ten por obxectivo achegar á sociedade unha enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 3.700 persoas en Galicia e arredor de 55.000 en España.
Nesta nova edición do ‘Móllate’ pacientes, familiares e profesionais de AVEMPO estarán informando sobre a campaña e animando á participación social ao longo do día. A asociación instalará unha carpa co merchandising exclusivo da campaña e material da propia entidade xunto á piscina ‘Samil San Remo’. Tódolos fondos recadados destinaranse ó mantemento dos servicios que AVEMPO ofrece na súa sede ás persoas afectadas pola enfermidade e os seus familiares.
Ao longo de todo o día, AVEMPO celebrará distintas actividades lúdicas na piscina para tódalas idades. Entre outras actividades, a asociación instalará este ano unha ruleta solidaria con premios para os que participen co seu donativo. Durante a xornada celebraranse tamén clases acuáticas na piscina e diversas actividades. A asociación convoca tamén os xa tradicionais chapuzóns solidarios pola Esclerose Múltiple. O acto principal da campaña terá lugar ás 13:00h. na praia, onde persoas afectadas de Esclerose Múltiple, familiares e profesionais de AVEMPO realizarán un chapuzón solidario e animarán aos bañistas a sumarse á causa.
PROGRAMA
10.00. CARPA MÓLLATE.
Toda a xornada. Colabora adquirindo o material solidario!
10.00. RULETA MÓLLATE
Xira da ruleta e leva premio! Actividade sen interrupción
12.00. METROS SOLIDARIOS
Actividade sen interrupción
12.15. XIMNASIA ACUÁTICA
Actividade para tódalas idades
13.00. CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PRAIA
Busca o noso ‘Móllate’ xigante na praia e danos o teu apoio!
16.30. EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
17.00. FITNESS ACUÁTICO
Actividade para tódalas idades
18.00. CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PISCINA
Achégate ao noso ‘Móllate’ xigante e danos o teu apoio!
18.30. EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
20.00. FIN DO ‘MÓLLATE’
Máis
Hora
14 xullo, 2024 10:00 - 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual