REVISTA ABRIL

Móllate pola Esclerose Múltiple

10xul09:3021:30Móllate pola Esclerose MúltipleFESTIVAIS E FEIRAS | De balde09:30 - 21:30(GMT+02:00) Praia de Samil

Detalles do eventos

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra por quinto ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria ‘Mójate por l Esclerosis Múltiple’, acuñada en Galicia como ‘Móllate’. O vindeiro domingo 10 de xullo a praia de Samil acollerá, de maneira exclusiva en toda a comunidade galega, esta campaña de sensibilización social que ten por obxectivo achegar á sociedade unha enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 3.700 persoas en Galicia e ao redor de 55.000 en España. Nesta nova edición do ‘Móllate’ pacientes, familiares e profesionais de AVEMPO estarán a informar sobre a campaña e animando á participación social ao longo do día. A asociación instalará unha carpa co merchandising exclusivo da campaña e material da propia entidade xunto á piscina ‘Samil San Remo’. Todos os fondos recadados destinaranse ao mantemento dos servizos que AVEMPO ofrece na súa sede ás persoas afectadas pola enfermidade e os seus familiares. Ao longo de todo o día, AVEMPO celebrará distintas actividades lúdicas na piscina para todas as idades. A asociación convoca tamén os xa tradicionais mergullos solidarios pola Esclerose Múltiple. O primeiro terá lugar ás 13:00h. na praia e o segundo ás 18:30h. na piscina. Persoas afectadas de Esclerose Múltiple, familiares e profesionais de AVEMPO realizarán un mergullo solidario e animarán aos bañistas para sumarse á causa.
En paralelo, AVEMPO habilitou unha páxina web (https://avempo.org/mollate/) para informar sobre o ‘Móllate’, as actividades e como sumarse á campaña, na que as persoas interesadas poderán colaborar coa asociación coa adquisición de merchandising, facendo un donativo ou inscribíndose como socias da entidade. Ademais, quen o desexe pode sumarse de forma virtual á campaña compartindo o seu mergullo solidario a través das redes sociais cos hashtags #Mójate2022 e #Móllate2022.

Máis

Hora

(Domingo) 09:30 - 21:30(GMT+02:00)