Móllate pola Esclerose Múltiple
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra por sexto ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria ‘Móllate pola Esclerose Múltiple’. O vindeiro domingo 9 de
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra por sexto ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria ‘Móllate pola Esclerose Múltiple’. O vindeiro domingo 9 de xullo a praia de Samil acollerá, de maneira exclusiva en toda a comunidade galega, esta campaña de sensibilización social que ten por obxectivo achegar á sociedade unha enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 3.700 persoas en Galicia e arredor de 55.000 en España. Nesta nova edición do ‘Móllate’ pacientes, familiares e profesionais de AVEMPO estarán informando sobre a campaña e animando á participación social ao longo do día.
A asociación instalará unha carpa co merchandising exclusivo da campaña e material da propia entidade xunto á piscina ‘Samil San Remo’. Tódolos fondos recadados destinaranse ao mantemento dos servizos que AVEMPO ofrece na súa sede ás persoas afectadas por la enfermidade e aos seus familiares. A longo de todo o día, AVEMPO celebrará distintas actividades lúdicas na piscina para tódalas idades. Como novidade, a asociación instalará este ano unha ruleta solidaria con premios para quen participe co seu donativo.
Durante a xornada celebraranse tamén clases de fitness e ximnasia acuática e unha gran ‘verbena mollada’. A asociación convoca tamén os xa tradicionais chapuzóns solidarios pola Esclerose Múltiple. O acto principal terá lugar ás 13:00h. na praia e el segundo baño ás 18:00h. na piscina. Persoas afectadas de Esclerose Múltiple, familiares e profesionais de AVEMPO realizarán un chapuzón solidario e animarán aos bañistas a sumarse á causa.
09:00 CARPA ‘MÓLLATE’
Toda a xornada. Colabora adquirindo o material solidario!
10:00 RULETA ‘MÓLLATE’
Xira da ruleta solidaria e leva premio!. Actividade sen interrupción ata as 20:00 horas
11:00 METROS SOLIDARIOS
Actividade sen interrupción ata as 20:00 horas.
12:00 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
12:15 XIMNASIA ACUÁTICA
Actividade para tódalas idades
13:00 CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PRAIA
Móllate pola Esclerose Múltiple!
Busca o noso ‘Móllate’ xigante no areal e danos o teu apoio!
16:00 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
16:30 FITNES ACUÁTICO
Actividade para tódalas idades
17:30 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
18:00 CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PISCINA
Móllate pola Esclerose Múltiple!
VERBENA MOLLADA
Actividade para tódalas idades
21:00 FIN DO MÓLLATE
Máis
Hora
9 xullo, 2023 09:00 - 18:00(GMT+02:00)
Séguenos nas redes