>

05xul10:0015:00Móllate pola escelerose múltipleFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 15:00(GMT+02:00) Paseo de Bouzas

Detalles do eventos

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebrará por noveno ano consecutivo en Vigo a campaña solidaria Móllate pola Esclerose Múltiple. Será este próximo domingo, 5 de xullo, en Bouzas, e contará co tradicional manguerazo solidario a cargo dos bombeiros.
O paseo marítimo, concretamente, na chaira fronte á praia do Adro, acollerá novamente de xeito exclusivo en toda a comunidade galega, esta campaña de sensibilización social que ten por obxectivo achegar á sociedade unha enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 4.500 persoas en Galicia. O Móllate contará con pacientes e familiares de AVEMPO. Haberá unha carpa informativa, así como , ofreceranse actividades para todos os públicos, concertos e merchandising. Todos os fondos recadados destinaranse ao mantemento dos servizos que a entidade ofrece na súa sede situada en Bouzas ás persoas afectadas pola enfermidade e os seus familiares.

Programa do Móllate
Ao longo de toda a mañá do domingo, irase sucedendo unha xornada cargada de reivindicación e diversión.
10.00 horas: Apertura da carpa.
10.30 horas – 11.00 horas: Actuación do grupo musical Cerne.
11.10 horas -11.45 horas: Actuación do grupo musical The Canelita’s.
12.00 horas – 13.00 horas: Actuación do grupo musical Simon’s.
13.00 horas – 13.45 horas: Manguerazo solidario a cargo dos bombeiros do Concello de Vigo . Tamén se dará a palabra ás autoridades presentes no acto.
13.45 horas – 14.30 horas: Presentación pública da banda Dirty Coyote. O grupo musical ofrecerá o seu primeiro concerto neste Móllate.
15.00 horas: Fin do Móllate 2026.

Hai que destacar que estas catro bandas locais viguesas actuarán durante o Móllate de xeito altruísta.

Hora

5 xullo, 2026 10:00 - 15:00(GMT+02:00)

Localización

Paseo de Bouzas

Paseo Paz Andrade, 51, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events