Mois du doc: Maman Colonelle – A Movida

novembro, 2018

20nov20:30Mois du doc: Maman ColonellePROXECCIÓN | De balde20:30 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

A coronel Honorine, coñecida co mote de “Mamá Coronel”, traballa para a policía congoleña. Dirixe a unidade dedicada á protección de menores e encabeza a loita contra a violencia sexual. Despois de estar 15 anos en Bukavu, ao leste da República Democrática do Congo, transfírena a Kisangani, onde deberá enfrontarse a novos retos. A través do retrato dunha muller dunha valentía e tenacidade extraordinarias, que loita para que se faga xustiza, a película examina a cuestión da violencia cara ás mulleres e os nenos no seu país, así como as dificultades para superar a última guerra.

Martes 20 de novembro de 2018 ás 20:30: Maman Colonelle de Dieudo Hamadi – Congo – France 2017, 72 minutos – VOSE

Auditorio municipal de Vigo – Praza do Rey (GRATUÍTO ata completar aforamento)

Hora

(Martes) 20:30

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X