xullo, 2019

12xul21:30MOHAMA SAZ + RRACONCERTO | Desde 8,00€21:30 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

O universo de Mohama Saz está en expansión como o Cosmos. Como unha galaxia en crecemento anárquico, cada canción do disco vai na súa propia dirección, fiadas unicamente polo atrevemento e o son único da banda.

Os madrileños, que foron cuarteto e que son agora quinteto tras a incorporación de Rubén ás percusións, avanzan o seu exército ata Armenia (escóitese “Erzeroumi shororo”) e de alí achégannos unha melodía popular que é puro néctar sonoro. Do outro lado do mundo evocan tamén ese “free jazz” aberrante de cando os negros fixeron dano ao poder, así como a outra cara dese movemento, o “spiritual jazz”, tan onírico, visionario e acuoso na canción “Nenúfar”.

En “Viva el rey” hai Krautrock, “quejíos” flamencos, rock de Anatolia, pop progresivo, misticismos árabes e mixticismos varios, rompendo incluso o seu discurso oriental para dar vida a “Altiplano”, sexto corte onde traen a melancolía festiva dos Andes bolivianos (recrean “Viday/ Putucun”, cantigas populares andinas).

Con todo, Mohama Saz foxen a grandes zancadas do “xa feito” e do exercicio de estilo. Porque “Viva el rey” é un disco escuro, lúcido, alucinado e sobre todo dunha vangarda atemporal.”

Mohama Saz é unha banda formada en xullo de 2014 por Adrián Ceballos (Batería e voz; Melange, RIP KC, Novak, Javier Colis), Javier Alonso ( Baglama Saz e voz; Novak, RIP KC, Richard Hell). Máis tarde a formación irase complementando con Arturo Pueyo (Clarinete e Saxo; Sur Quintet, Groovin’ Santa) e Sergio Ceballos (Baixo; RIP KC, Kropotkin Revival, Melange) e Rubén Mingo (percusión; Mopane e Sou Edipo).

Hora

(Venres) 21:30

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X