bannerVialia
RevistaFebreiro23

Este é un evento repetitivo

10mar20:00Mofa e Befa: PirolíticosESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

Mofa e Befa: Pirolíticos

Con motivo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo. Pirolíticos é esencialmente unha guía para orientar o público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólisis en 10 pasos sinxelos.

Do mesmo xeito que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado “sen carga total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa e, por suposto, con música (nesta ocasión, cun marcado estilo perrallas rock) Pirolíticos escenifica situacións ben reconocibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólisis”.

Mofa & Befa saen do armario con lentes violeta e non quedan nada mal.
Producións Excéntricas

Hora

  • venres 10 de marzo ás 20:00h
  • sábado 11 de marzo ás 20:00h
  • domingo 12 de marzo ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 90 min

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X