02nov20:00'Mofa e Befa: Os Dous de Sempre'ESPECTÁCULO| Desde 11,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Achégase a vigo en dúas función, os días 1 e 2 de novembro, Mofa e Befa: Os dous de sempre. O regreso. Unha comedia teatral
Detalles do eventos
Achégase a vigo en dúas función, os días 1 e 2 de novembro, Mofa e Befa: Os dous de sempre. O regreso. Unha comedia teatral que homenaxea o universo humorístico de Castelao a través das personaxes de Pedriño e Rañolas. Con dirección de Quico Cadaval e dramaturxia de Carme Varela, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira dan vida a esta nova proposta de Producións Teatrais Excéntricas, que mestura sátira, cultura popular e o mellor da tradición cómica galega.
ENTRADAS AQUÍ a 11,00 € anticipadas e 15,00 € na billeteira.
SINOPSE
Pedriño e Rañolas son dous amigos inseparables, antagónicos e entrañables: un é idealista e soñador, o outro materialista e pragmático. Son “os dous de sempre”, criaturas nacidas do papel e do humor gráfico de Castelao, agora traídas á escena por Mofa e Befa. Nesta nova aventura, o dúo cómico máis emblemático do país encarna os arquetipos da comedia galega, mesturando bufóns, pallasos, nenos e tolos nunha viaxe teatral tan divertida como fonda. A escena convértese nun espazo onde corpo e alma, risa e crítica, tradición e vangarda se dan a man. Un espectáculo para rir, pensar e celebrar o humor como patrimonio colectivo.
Hora
2 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



