Detalles do eventos
A primeira edición de Mente en Marcha celebrarase o domingo 13 de setembro cun percorrido de 6,5 quilómetros, música en directo, sorteos e avituallamento. A iniciativa busca combater
Detalles do eventos
A primeira edición de Mente en Marcha celebrarase o domingo 13 de setembro cun percorrido de 6,5 quilómetros, música en directo, sorteos e avituallamento. A iniciativa busca combater o estigma e falar da saúde mental con naturalidade.
Moaña acollerá o próximo domingo 13 de setembro a primeira edición de Mente en Marcha, unha andaina impulsada por DOA Saúde Mental en colaboración co Concello de Moaña para promover a saúde mental, favorecer a inclusión social e combater os prexuízos que aínda rodean os problemas de saúde mental.
A cita servirá ademais como punto de partida dun mes de actividades e sensibilización arredor desta cuestión, que se estenderá entre o 10 de setembro, Día Mundial da Prevención do Suicidio, e o 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental.
A andaina sairá ás 10:00 h do Palco da Música de Moaña e terá un percorrido aproximado de 6,5 quilómetros, pensado para completarse con calma e en compañía. A proposta busca aproveitar o exercicio físico e o encontro entre persoas como escusa para abrir conversacións sobre o benestar emocional e lembrar a importancia de coidarse tamén a nivel mental.
A organización insiste precisamente nese carácter aberto e comunitario. A idea é reunir persoas con e sen problemas de saúde mental nun mesmo espazo, afastándose dunha visión exclusivamente clínica e apostando pola convivencia, a participación e a normalización.
A xornada non se limitará ao percorrido. Haberá tamén música en directo, sorteos de produtos e experiencias e avituallamento, co obxectivo de converter esta primeira edición nun encontro festivo e participativo.
INSCRICIÓN AQUÍ.
Hora
13 setembro, 2026 10:00(GMT+02:00)
Localización
Palco da Música de Moaña
Avda. Concepción Arenal, s/n, Moaña - Pontevedra 36950
Hoxe móvese
setembro



