BIBOPALULA

24mai21:30MJ PÉREZCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

MJ Pérez é unha das voces presente no panorama actual da música galega cunha carreira de máis de 10 anos. Inicia o seu percorrido no 2013 e acumula máis de 200 concertos por Galiza e Portugal. Suma xa 4 álbums e diversos singles e colaboracións con outros artistas coma CRUA ou A Garota Não (PT) ou Sofía Espiñeira, Peter Petrowski, Hugo Guezeta…

Ao longo de todos estes anos, MJ Pérez emprende un camiño de constancia e moita música que logo lle trouxo froitos e recoñecementos coma un 2º posto nos Premios Narf 2018 ou un 1º posto no Xuventude Crea 2019. Ademais de ser finalista dos Premios Opinión ou dos Premios Martín Códex da Música ata en 3 ocasións, levando o premio no 2021 na categoría de Canción de Autor.

O ano pasado fixo unha xira especial para celebrar os seus 10 anos de carreira e este ano prepara novo disco, que virá cargado de diversas colaboracións e no que Portugal terá maior presenza.

Neste directo MJ Pérez fará un repaso polos seus temas destacados e interpretará ao vivo algún adianto do novo que virá.

Máis

Hora

24 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events