xullo, 2019

13xul22:30MITIC, o espectáculoCONCERTOS | De balde22:30 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

MITIC é un proxecto de expansión do instrumento máis emblemático da nosa terra: a gaita. A través dun espectáculo musical único, orixinal e pioneiro, dirixido e producido polos músicos vigueses Álvaro e Suso Costas será capaz de sorprender e emocionar a tódolos públicos, especialmente a tódolos que non son afeccionados nin a gaita, nin á música celta ou de raíz.

MITIC non é so un espectáculo musical, é un movemento cara a a evolución social dun instrumento que sempre estivo ligado á música de raíz desde a súa expansión no século XIII coa intención de achegarse aos novos públicos.

Ademais de ser un espectáculo familiar e renovado, no que gozarán persoas de calquera idade, é tamén un show dirixido aos “gaitafóbicos”, como apuntou Álvaro Costas. Cando o seu irmán e máis el foron por distintos colexios a dar charlas, moitas crianzas coincidían en que a gaita “tamén mola”, demostrando a polivalencia deste instrumento celta que moitas veces só relacionamos coa música folclórica.

Hora

(Sádado) 22:30

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X