REVISTA ABRIL

MITEU '21: 'Tic tac'

19mai18:30MITEU '21: 'Tic tac'ESPECTÁCULOS | De balde18:30(GMT+02:00) Teatro Cidade Universitaria

Detalles do eventos

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo acolle unha serie de obras teatrais nesta nova edición 2021.

‘Tic tac’, da aula de teatro universitaria de Vigo.

SINOPSE
TIC TAC é un pranto amargo onde se van sucedendo as escenas como se fosen as distintas páxinas dunha vida, ao mesmo tempo que ofrece unha visión lúdica e tráxica da nosa existencia, todo a un tempo, o público pode pasar da risa ó pranto.
O Nano volve a súa casa para encontrarse coas pantasmas do seu pasado, da súa infancia, cunha certa nostalxia romántica. Vaise enfrontando a diferentes personaxes que van aparecendo nese espazo da memoria, exemplos das diferentes máscaras que pode adoptar unha nai, un pai, un mestre…

PROGRAMACIÓN
– Xoves 22 de abril: ‘A emperadora’
– Mércores 28 de abri: ‘A casa da forza 2, 52-88’
– Mércores 12 de maio: ‘Aínda que siga brillando a lúa’
– Mércores 19 de maio: ‘Tic tac’

Todas obras representaranse no teatro da cidade universitaria de Vigo ás 18:30. Entrada libre ata completar o aforamento. Reserva a túa butaca a través do correo extensión@uvigo.gal ou no 986 81 36 26.

Mércores 19 ás 18:30

Máis

Hora

(Mércores) 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events