VIALIA
bannerPicnicSesions

MITEU '21: 'AÍNDA QUE SIGA BRILLANDO A LÚA'

12mai18:30MITEU '21: 'AÍNDA QUE SIGA BRILLANDO A LÚA'ESPECTÁCULOS | De balde18:30(GMT+02:00) Teatro Cidade Universitaria

Detalles do eventos

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo acolle unha serie de obras teatrais nesta nova edición 2021.

‘Aínda que siga brillando a lúa’, da aula de teatro universitaria de Ourense.

SINOPSE
Marte é un planeta por colonizar desde o punto de vista da Terra. Co que iso supón. Os marcianos queren coidar o seu planeta e non conciben a chegada de seres doutro mundo que poidan cambiar as súas condicións de vida ou, incluso, provocar a súa extinción. Se coñecemos un pouco aos ‘terrícolas’ imaxinaremos que o choque está servido. Pero como será?
Cambiar de mundo pode cambiar tamén ao ser humano. Ver a Terra a 60 millóns de kilómetros (ou a máis de 100 dependendo das órbitas) pode facernos reflexionar ou, pola contra, facer que reproduzamos o único que aprendimos: comportarnos como terrestres.

PROGRAMACIÓN
– Xoves 22 de abril: ‘A emperadora’
– Mércores 28 de abri: ‘A casa da forza 2, 52-88’
– Mércores 12 de maio: ‘Aínda que siga brillando a lúa’
– Mércores 19 de maio: ‘Tic tac’

Todas obras representaranse no teatro da cidade universitaria de Vigo ás 18:30. Entrada libre ata completar o aforamento. Reserva a túa butaca a través do correo extensión@uvigo.gal ou no 986 81 36 26.

Mércores 12 ás 18:30

Máis

Hora

(Mércores) 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events