Este é un evento repetitivo21 marzo, 2026 20:00
20mar20:00Minor inter partesespectáculos | -20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle
Detalles do eventos
Minor inter partes é a segunda parte da triloxía que se iniciou con Baleiro e, dalgún xeito, acontece despois. Baleirados os símbolos e os seus significados, baleirados os
Detalles do eventos
Minor inter partes é a segunda parte da triloxía que se iniciou con Baleiro e, dalgún xeito, acontece despois. Baleirados os símbolos e os seus significados, baleirados os discursos e os relatos, o público acompañará a Ensalle e a Juan Navarro á “trastienda” daquel plató cutre de televisión, ao backstage daquel “reality fake”.
E que queda despois dese baleirado? Pois, seguramente, un oco, un burato que é unha invitación.
Nesta peza o baleiro non se expón, compártese.
O burato que deixa o baleiro será o primeiro elemento deste novo mundo e reunirá a todos como unha fogueira, como un oasis. Non hai creadores e público, hai habitantes no baleiro dando a benvida aos seus novos veciños. Compartiranse os costumes, a linguaxe, os ritos, as celebracións e os exercicios matinais que se desenvolven neste lugar á volta da esquina.
Minor inter partes é un fogar que non existe máis ca na imaxinación e nos corpos, e haberá que construílo entre todos. Convídase a formar parte da fundación deste re-mundo, deste rexurdir.
En Minor inter partes quérese felicitar de antemán pola ousadía de ter asistido.
Cando foi o último desprendemento?
Ficha artística
- En escena, creación e textos: Juan Navarro, Raquel Hernández, Artús Rei e Pedro Fresneda.
- Dirección e dramaturxia: Pedro Fresneda e Juan Navarro.
- Espazo escénico: Ensalle.
- Deseño de iluminación: Pedro Fresneda e Jaume Blai.
- Espazo sonoro: Juan Navarro.
- Colaboración musical: Gabriel Celester.
- Creación audiovisual: Pedro Fresneda.
- Axudantía de creación: Alzan Miranda.
- Fotografía: Elena Vázquez Ledo.
- Deseño web: Artús Rei.
- Produción: Jorge Rúa.
- Deseño gráfico: Raquel Hernández.
- Coaching: Ultharino Fuentes.
- Co apoio de AGADIC, Xunta de Galicia.
Hora
20 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
maio

