06nov(nov 6)20:00MIñA PEQUENAESPECTÁCULOS | CAIXA INVERSA20:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Miña Pequena é unha adaptación de “Manaus”, de Constance Hurlé, relato gañador do 1º Premio de Microrrelatos contra a Violencia de Xénero do Concello de Ribadavia (2020).

Esta peza céntrase nos espazos non convencionais que, a través da poesía, a danza e o son, exploran as conexións entre memoria, corpo e violencia. O eixo é a narración dunha violación, unha lembranza que permanece agochada nos recunchos máis profundos da memoria da vítima.

A actriz condúcenos a través dunha íntima confesión na que se expoñen, sen artificios, a crudeza do abuso e a fraxilidade do corpo aldraxado, empregando a forza da metáfora, a beleza da imaxe e o impacto do relato directo —en segunda persoa, cara ao agresor—.

En escena, Constance Hurlé comparte o espazo coa composición sonora en directo de Diana Longa, creando unha experiencia sensorial e profundamente emocional.

Hora

6 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events