>
Este é un evento repetitivo21 agosto, 2025 21:00
Detalles do eventos
Todos os xoves do mes de agosto, entre as 21:00 e 23:00 h, Tango en Galicia organiza milongas, xuntanzas abertas arredor da milonga (o baile), tango e vals,
Detalles do eventos
Todos os xoves do mes de agosto, entre as 21:00 e 23:00 h, Tango en Galicia organiza milongas, xuntanzas abertas arredor da milonga (o baile), tango e vals, na praia de Samil. En concreto, teñen lugar á beira das canchas de tenis da popular praia viguesa, cunhas vistas privilexiadas ás Cíes.
Tango en Galicia leva máis de dúas décadas dando a coñecer o tango arxentino na nosa comunidade. Principalmente, organiza eventos e ofrece clases e espectáculos.
As milongas en Samil funcionan cun sistema de caixa inversa. Así mesmo, desde a organización, recoméndase levar unha cadeira de praia e calzado cómodo. Para máis información, podes acceder á súa páxina web premendo AQUÍ.
Hora
14 agosto, 2025 21:00 - 23:00(GMT+02:00)


