>

11xul22:00MIKE COBB AND THE CREVULATORSCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

La Pecera organiza un concerto de Mike Cobb and the Crevulators (Óscar Avendaño ao baixo e Andrés Cunha á batería). O neoiorquino Mike Cobb ten a música de The Rolling Stones, The Beatles, Creedence Clearwater Revival, Bob Dylan, The Band e Neil Young queimada na súa alma. Despois, descubriu artistas como Tom Petty, Los Lobos, The Replacements, Robyn Hitchcock e The Sadies, entre outros. “Atráeme a música con alma, sexa de onde sexa”, afirma. Con vinte e tres anos firmou un contrato con Island Records. Abriu o concerto de Oasis na súa primeira xira nos Estados Unidos. Tocou varias veces no lendario CBGB’s e segue tocando en varios locais de Brooklyn, Manhattan e Nova Inglaterra.

Hora

11 xullo, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events