CANS

21abr21:00Mike Cobbconcertos | 10,00 €21:00(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Martes 21 de abril ás 21:00 en La Pecera (Pizarro, 35) Entrada: 10,00€

Mike Cobb (New York) ten a música de The Rolling Stones, The Beatles, Creedence Clearwater Revival, Bob Dylan, The Band e Neil Young gravada a lume na súa alma. Máis tarde descubriu a artistas como Tom Petty, Los Lobos, The Replacements, Robyn Hitchcock ou The Sadies, entre outros. “Atráeme a música con alma, sexa de onde sexa”.

Aos 23 anos asinou un contrato con Island Records, foi teloneiro de Oasis na súa primeira xira polos EE.UU., tocou varias veces no lendario CBGB’s e segue a tocar hoxe en día en diversos locais de Brooklyn, Manhattan e Nova Inglaterra.

Nesta ocasión estará acompañado por Oscar Avendaño ao baixo e Andrés Cunha á batería.

Hora

21 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events