Detalles do eventos
Miguel Moldes presenta o seu primeiro disco Fairground Ballads cun concerto en Vigo. Originario de Sanxenxo que reside en Vigo e formado en bandas como
Detalles do eventos
Miguel Moldes presenta o seu primeiro disco Fairground Ballads cun concerto en Vigo. Originario de Sanxenxo que reside en Vigo e formado en bandas como Dead Wood ou Los Wavy Gravies, inicia o seu proxecto como cantautor en 2022 en Luleå, unha cidade situada no norte de Suecia, onde un longo inverno acabou por dar forma a un son que combina o legado folk con esencias de blues, rhythm and blues e gypsy jazz.
Influenciado por artistas como John Fullbright, Nathaniel Rateliff ou Eileen Jewell, entre outros, inicia este proxecto en formato solista, combinando voz con guitarra ou banjo, buscando unha composición minimalista na que as propias cancións sexan as protagonistas.
O 21 de novembro de 2025 publica Fairground Ballads da man do selo vasco Gaztelupeko Hotsak, o seu debut en estudo e en formato banda, composta por Sandra Gómez, Sanny, (teclados, guitarra acústica e voces), Anxo Paz (batería e percusións) e Alejandro Neira (baixo). O disco está composto por oito temas e ten como eixo fundamental a figura da feira, empregada como representación do paso do tempo, así como a nostalxia e o desengano que isto implica.
Este venres 5 de decembro ás 21:30 h presentará o disco, xunto a toda a banda, n’ A Casa de Arriba (Vigo). Será a primeira vez que toque en directo neste formato e unha oportunidade perfecta para descubrir a súa música nun ambiente íntimo.
Entrada anticipada 8,00 € e na barra da casa de Arriba 10,00 €
Hora
5 decembro, 2025 21:30(GMT+01:00)
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra



