Migracións – A Movida

novembro, 2018

03nov18:30MigraciónsCONCERTO | De balde18:30 Auditorio Martín Códax

Máis

Detalles do evento

A sexta edición do Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea despídese de Vigo co espectáculo Migracións a cargo do Ensemble Espai Sonor. Esta agrupación, unha das máis prestixiosas en Europa no ámbito da música contemporánea, nace en 2003 en Valencia dedicada á difusión e interpretación da música contemporánea e a arte sonora en xeral. Entre os seus obxectivos, destaca o interese na divulgación da música de recente creación, fundamentalmente a dos compositores españois, así como a interpretación e interrelación cos clásicos do repertorio do século vinte. Migracións, o sábado 3 de novembro no Auditorio Martín Códax do CSM de Vigo, ás 18:30h con entrada libre.

A migración é un movemento externo propio de animais, insectos ou humanos. Este desprazamento físico provoca á súa vez un movemento interno, máis sutil, reverberación do externo. A música convídanos sempre a este movemento íntimo: a trazar un percorrido ás veces inconsciente a través de tradicións culturais, estados de ánimo, emocións, estados de conciencia, etc. Espai Sonor viviu un longo tránsito de cambios na súa estrutura e o seu lugar de residencia e considera que o título que mellor pode describir o seu momento musical actual é precisamente Migracións.

Baixo este título proponnos un repertorio con obras para diversas formacións que combinan frautas, clarinetes, chelo e piano, entre as cales se inclúe a estrea da nova obra de Helga Arias (Euskadi, 1984). Dous cuartetos franquean este repertorio, de M. Van der Aa e Panayotis Kokoras, ambos creando estimulantes novos espazos sonoros. A variación tímbrica é en sí mesma unha das motivacións destas migracións. de ahí o cambio constante de formacións en escena, que persegue un cambio de perspectiva sonora.

O Festival Vertixe Sonora, organizado pola Universidade de Vigo e Vertixe Sonora, conta co apoio dos concellos de Vigo., Pontevedra e Cangas, así como doutras institucións e entidades internacionais.

Entrada libre até completar aforo

Programa:
STATHIS KAMPYLIS Yugen (2017) 7′ frauta, clarinete, piano e violonchelo (1987)

GIACINTO SCELSI Ko-Lho (1966) 8′ frauta e clarinete (1905-1988)

FRANCISCO J. DOMÍNGUEZ ROBLES Kharir III (2018) 12′ violonchelo (1993)

JOSÉ M. LÓPEZ LÓPEZ Atrium (1994) 59” (1956)

IANNIS XENAKIS Paille in the win (1992) 6′ (1922-2001 ) violonchelo e piano

HELGA ARIAS PARRA A common sense of self * (2018) 8′ frauta, clarinete e piano (1984)

ANTON SVETLICHNYHalf of a dog (2012) 11′ frauta, clarinete, piano e violonchelo (1982)

*Estrea mundial, encomenda de Espai Sonor subvencionado polo INAEM

ESPAI SONOR [intérpretes neste concerto] José Ignacio Lagos,frautas| Bartolomé Llorens Peset, clarinetes | Esteban Belinchón, violonchelo | Tomeu Moll-Mas, piano

Hora

(Sádado) 18:30

Lugar

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X