Michael Jackson's Thriller Night – A Movida

novembro, 2018

09nov22:00Michael Jackson's Thriller NightFESTA | De balde22:00 Sala Master Club

Máis

Detalles do evento

Chega a Vigo por primeira vez a  Michael Jackson’s Thrille rNight! A festa definitiva en homenaxe ao Rey do POP, un espectáculo único no que os mellores músicos da comarca subiranse ao escenario da sala Masterclub para interpretar as súas cancións máis emblemáticas nunha jam sessión sen precedentes.

Así que vai sacando esa luva que tiñas desemparellada no armario e eses calcetíns brancos que xa non te pos desde os 80… porque non cho podes perder!

E despois do concerto aínda queda moita festa!
Haberá un SORTEO de produtos relacionados con Michael Jackson e a festa continuará con ACTUACIÓNS de baile e SESIÓNS DJ ata as 5 da mañá! Para que volvades todos a casa facendo o moonwalk polas rúas de Vigo.

Esta festa ten como único fin render unha pequena homenaxe a Michael Jackson, e para iso interpretaremos e bailaremos algunhas das súas mellores cancións. Ademais diso, lembraremos o labor humanitario de MJ da mellor forma posible: destinando TODOS os beneficios do despacho de billetes a ” Heal The World For Children Spain”, unha organización benéfica fundada polos seus fans.

O prezo da entrada é unha doazón voluntaria en función do que cada un queira achegar para contribuír coa causa. Se queres achegar 5 €, perfecto, se queres achegar 10 €, xenial, se queres achegar 134.539 €, fantabuloso. Así todo o mundo pode ter a oportunidade de ir á festa.
Ademais, habilitarase unha conta para que quen queira contribuír poida facelo a través dun ingreso.

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

X