Michael Dotson – A Movida

decembro, 2018

13dec22:00Michael DotsonCONCERTO | Desde 10,00€22:00 Sala Rouge

Máis

Detalles do evento

Michael Dotson, o encargado de  pechar  “Mais Que Blues” (ciclo internacional de Blues realizado en Vigo).
Será o seu único concerto en Galicia, un veterano bluesman que  compartiu escenario durante tres anos con Aron Burton e 6 anos acompañando nen mais nen menos que a  Magic Slim, ademáis de outros artistas como George Baze , Little Mac Simmons,  Big Time Sarah, Granae Louise e Liz Mandeville. Participou na grabación de numerosos álbums  xunto a  Magic Slim, Aron Burton, Jimmy Burns, Big Jack Johnson, Liz Mandeville ou Granae Louise.
Estamos ante un dos  guitarristas mais representativos do  West Side Blues de Chicago dende os anos 60, catalogado pola prensa especializada como “O segredo mellor  gardado do Blues de Chicago”. A día de hoxe segue gañando adeptos gracias o seu carácter sinxelo e discreto, ese que se transforma en pura enerxía cando se sube o escenario e se fae dono e señor das seis cordas.
Nota Importante:  Estará acompañado na batería por Adrian Flores un bluesman arxentino que nos 90 comenzou a producir shows de grandes artistas como James Cotton, Honeyboy Edwards, Jimmy Rogers , Larry Mc Cray, Hubert Sumlin e Magic Slim and the Teardrops, con este último a sua amizade foi tal que remataría incluso xirando a sua veira en numerosas ocasións facéndose cargo da percusión.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

X