CAMELIAS NADAL

26nov19:00'Mi abuela no se llama Carmen'ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Mi abuela no se llama Carmen é a viaxe dunha neta que redescobre á súa avoa nos últimos momentos que pasaron xuntas.
Fálase da vida e da morte, da memoria histórica e da falta de memoria. De experiencias non contadas, dun pasado algo oculto que debuxa unha nova avoa que xa empezara a esvaecerse.
De decisións vitais ás que só as mulleres se enfrentan, da xestación, da maternidade e da soidade.
A amizade e a familia como puntos cardinais. Antigas lealdades, herdanzas invisibles e memorias ancestrais preséntanse como unha partitura que deberiamos seguir.

Hora

26 novembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events