Ciclo metrópole: SANTIAGO MONTES. Rara avis – A Movida

outubro, 2018

26out(out 26)11:0003feb(feb 3)14:30Ciclo metrópole: SANTIAGO MONTES. Rara avisEXPOSICIÓN | De balde(outubro 26) 11:00 - (febreiro 3) 14:30 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, nace cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a segunda mostra individual do ciclo, que se exhibe nas salas frontais.

SANTIAGO MONTES é o protagonista da segunda exposición individual do ciclo. Baixo o título Rara avis, a mostra reúne máis de corenta pinturas procedentes da colección do artista, ademais de catro obras de gran formato producidas especificamente para este proxecto, acompañadas de material audiovisual a modo de documentación do seu proceso creativo.

Horario:

Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

Hora

Outubro 26 (Venres) 11:00 - Febreiro 3 (Domingo) 14:30

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X