REVISTA ABRIL

Mestisound: Sexy-Rue + Brigada Sound

26mar23:00Mestisound: Sexy-Rue + Brigada SoundCONCERTOS | De balde23:00(GMT+01:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

Volta unha vez máis Mestisound á Sala Doppler Vigo!!!

Mestisound é a fusión de distintos estilos da música global e underground, dende a música do trópico ata os ritmos frenéticos dos balcáns, facendo parada nos ritmos xamaicanos ou no folclore galego. Isto remexido con toques electrónicos dan pé a un sinfín de estilos como a electrocumbia, afrobeats, balkanbeats, dub, kuduro, funk ou jungle por ponher uns exemplos.

O próximo sábado 26 de marzo a partir das 23:00h, estará SexyRue como invitado que mestura os ritmos e as letras do seu rap con cumbia, tumbados cubanos, afrobeats ou guitarras españolas. Un directo dinámico e alegre, que se complementa con pintura ao vivo a cargo do propio cantante, un show pensado para que bailen os pés e as neuronas.

Para acompanhar a SexyRue teremos a familia brigadista con Dj Skaramuza e Sapoconcho Sem Poncho con ritmos globais que fan da mestisound unha pista de baile distinta, inclusiva e para toda a xente con ganas de pasalo ben 

Máis

Hora

(Sábado) 23:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events