
Detalles do eventos
Inauguración o xoves 24 de abril ás 20:00 horas. “En torno ao ano 2007 deixo de pintar sobre lenzo, abandonando os bastidores
Detalles do eventos
Inauguración o xoves 24 de abril ás 20:00 horas.
“En torno ao ano 2007 deixo de pintar sobre lenzo, abandonando os bastidores para centrarme en soportes de carácter industrial. Nese momento, e sen saber moi ben o porqué, decidín entelar coidadosamente todos os taboleiros que usaba como mesas no estudo, coa mesma lona de algodón que usaba cos cadros. Nun principio tratouse dunha acción meramente funcional que trataba de preservar as táboas para poder reutilizalas nun futuro. Estas mesas de traballo utilízoas como soporte para pintar outras obras. Irremediablemente, as superficies vanse manchando aos poucos con salpicaduras, rozamentos, verteduras, pliegues etc. Lentamente vanse saturando ata que adquiren demasiado ruído e moléstanme para traballar, é entón cando cambio os lenzos por outros virxes e volta a empezar. Esta acción converteuse en algo sistemático e non cesou ata a actualidade. As pezas que agora presentamos en SVT Espazo de Arte son, por tanto, unha selección das teas que cubriron as mesas dos meus talleres no últimos dezasete anos.
A miña fixación por incorporar os accidentes afortunados (S. Sontang) ao proceso de traballo non é algo novo e foi unha constante en toda a miña obra, polo que non é de estrañar que co paso dos anos a miña fascinación por estes lenzos foise incrementando. Tiven a intuición de que aquelas teas poderían chegar a converterse nunha serie de traballos; talvez foi o meu subconsciente que se aferraba á idea da pintura clásica e á ortodoxia da disciplina, ou talvez a intención de que manter ese contacto directo co lenzo era unha especie de seguro mental. Quizais as tres cosas sucederon á vez.
Gústame a idea de pintar sen pintar. Facer sen facer, ou pintar sen ter nin idea (Ángel González García). Estas mesas foron soportes horizontais ou chans. Chans onde van parar os restos, como pensaba Ángel González. Talvez nestas mesas está todo aquilo que falta e non o que sobra.”
(Carlos Maciá)
HORARIO
– Luns a venres 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00.
– Sábado 10:00 a 13:30.
– Domingo: pechado.
Máis
Hora
24 abril, 2025 10:00 - 20 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual