PORTAMERICA >

20abr21:00Merina Gris + Futro AlcaldeCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Este sábado, a sala Rebullón acolle un dobre concerto con dúas propostas musicais de calidade e en plena efervescencia. Merina Gris e Futuro Alcalde actuarán este sábado, ás 22 horas, con entradas á venda online e na cantina do centro social As Pedriñas.

 Co apoio de AIE (a Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes de España), Merina Gris (vídeos) chega directamente desde Euskadi nunha carreira fulgurante que vai levalos este ano a pisar os escenarios de grandes festivais, da talla do Primavera Sound e o Mad Cool. A banda vasca explotou no 2022 e, desde entón, seguíu gañando recoñecemento por parte do público e da prensa xeral e especializada. Os de Donostia entraron en varias listas dos mellores álbumes do ano (MondoSonoro, Dod Magazine, Binaural) con “Zerua Orain”, o seu primeiro LP, e ofreceron máis de 35 concertos por toda España, incluíndo festivais como o Bilbao BBK Live, xunto a actuacións en países como Serbia, Suecia e os Países Baixos. Ademais, veñen de colaborar con artistas como Delaporte, La M.O.D.A e Hofe, entre outros. Merina Gris ofrecen cancións pop vibrantes nas que a vangarda e a nostalxia emerxen en himnos xeracionais. O grupo destaca pola súa presencia identitaria e visual, composta por tres figuras enmascaradas e anónimas, unha aposta de base filosófica co obxecto de poñer o foco no arte por diante das persoas.

Pola súa banda, Futuro Alcalde  completará unha noite de sábado redonda na Rebullón. Futuro Alcalde é o pseudónimo que emprega este solista de Compostela, formado por Fernando Sanmartín, que aposta por sons electrónicos misturados con garage e indie, letras directas, concisas e coa honestidade por bandeira.

O ano pasado publicou o seu primeiro álbum, “Bailando en Paraíso”. O ano comezou para Futuro Alcalde cunha colaboración con Galician Army e Grande Amore, mentres se dispón a publicar os seus próximos singles. O seu estilo caracterízase por misturar punk con caixas de ritmos, coa guitarra eléctrica como protagonista.

Co dobre concerto de Merina Gris e Futuro Alcalde, a sala Rebullón volve apostar este sábado polo talento musical emerxente, con especial atención ás propostas nacidas en Galicia, mais sempre artistas en crecemento para ofrecer unha alternativa cultural única ao público galego.

Entradas

Hora

20 abril, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events