Merendiñas de Samaín – A Movida

outubro, 2018

31out17:00Merendiñas de SamaínOBRADOIRO | 10,00€17:00 Mercado do Progreso

Máis

Detalles do evento

O vindeiro 31 de outubro de 17:00 a 19:00 a cociñeira SONIA SOLLA vai ensinarlles 5 merendas (tres doces e dúas salgadas):

– VASOIRAS DE MEIGA: a partir de un pauciño salgado tipo pretzel envolto con queixo e atado con fíos de ceboliño
– MOMIAS DE SAMAÍN : salchichas envoltas en masa follada e adobadas cun toque de salsa de tomate para que dean máis medo
-DEDOS DE FEITICEIRO : galletas con forma de dedos e imos decoralas con améndoas para darlle máis realismo
-CUPCAKES DE CABAZO: madalenas cunha receita que ten coma protagonista o cabazo e despois imos decorala con moita imaxinación
-XAROPE DE TRASGO: se misturarán ingredientes máxicos para facer un xirope moi doce…coma un caramelo…e moitas sorpresas máis!

O Mercado do Progreso organiza un OBRADOIRO INFANTIL nos que os nen@s aprenderán cómo facer a súa merenda con temática e materiais propios da festa do SAMAÍN.

Prezo: 10 euros. Faranse desconto para irmáns.

Vai a ser moi interesante e divertido!

Para apuntarse chamar o 986 11 39 50.

Hora

(Mércores) 17:00

Lugar

Mercado do Progreso

Rúa do Progreso, 28, 36202 Vigo, Pontevedra

X