MERCURY REV – A Movida

setembro, 2018

18set22:00MERCURY REVCONCERTO | Desde 20,00 €22:00 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

A mítica banda de NY celebra o 20 aniversario de todo un clásico como “ Deserter’s Songs” cunha serie de concertos especiais en formato acústico nos que repasarán o seu emblemático disco xunto a outras (grandes) cancións da súa traxectoria.

Cúmprense dúas décadas de vida dun dos traballos de referencia da que é toda unha banda de culto e MercuryRev quixeron conmemoralo con actuacións nun formato distinto ao habitual que poderemos gozar dentro da programación do ciclo Galicia Importa.

Segundo explicaba a propia banda, “nesta xira especial recuperaranse moitas das historias e as cancións que envolven o noso álbum de 1998, interpretadas da maneira en que foron orixinalmente compostas. Isto promete ser unha extraordinaria ollada ás forzas que case destruíron a banda e aos estraños acontecementos que nos conduciron a un inesperado regreso”.

Hora

(Martes) 22:00

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X