
Mercado Reciclado
Detalles do eventos
Con motivo do Día Internacional da Muller, os días 8 e 9 de marzo, Felicetta Gualtieri organiza en Vigo un mercado reciclado especial vintage e
Detalles do eventos
Con motivo do Día Internacional da Muller, os días 8 e 9 de marzo, Felicetta Gualtieri organiza en Vigo un mercado reciclado especial vintage e de segunda man. Sinala a deseñadora que “En 1907 conmemórase o 8 de marzo, tras unha gran loita de mulleres traballadoras en condicións precarias do sector téxtil esgotadas dunha situación e circunstancias deciden saír á rúa en 1857 a esixir os seus dereito laborais e como persoas, curiosamente actualmente no 2025 este mesmo sector segue empregando prácticas similares a daquela época”.
Este evento, que promove o consumo responsable e a creatividade, contará con diversas actividades e espazos dedicados á moda sustentable, o upcycling, a música e a artesanía. Ademais, os asistentes poderán gozar dunha experiencia inclusiva e pet-friendly, xa que permítese a entrada con mascotas
O mercado estará organizado en dúas áreas diferenciadas. Na planta de entrada, os visitantes poderán atopar unha ampla selección de roupa e obxectos vintage e de segunda man, ademais dun espazo dedicado ao upcycling, onde as prendas e materiais atopan unha nova vida a través da creatividade. A música en directo animará o ambiente, mentres que unha barra con opcións vexetarianas permitirá facer unha pausa para recargar enerxía.
Na entreplanta, haberá unha proposta máis interactiva. Quen queira probar algo diferente poderá reservar unha cita para a manicura alternativa ou inscribirse nos obradoiros de reciclaxe, perfectos para aprender técnicas de reutilización e transformación. Tamén nesta zona estarán presentes as tendas Del Revés e Calvario Vintage, especializadas en moda de segunda man, e o obradoiro de Felicetta Gualtieri, onde se habilitará un espazo de troco no que os asistentes poderán intercambiar obxectos e prendas.
Na fin de semana, o evento contará cunha axenda repleta de actividades, onde os asistentes poderán aprender, experimentar e gozar do ambiente sustentable e creativo de Simia Espazo.
Sábado, 8 de marzo
- 12:00 h – Apertura do evento
- 12:00 h – Obradoiro de upcycling e pintura téxtil
- 13:00 h – Sesión vermú con recital e micro aberto de poesía
- 16:30 h – Obradoiro de upcycling e pintura téxtil
- 17:30 h – DJ Session
- 20:00 h – Baile
- 22:00 h – Peche do evento
Domingo, 9 de marzo
- 16:00 h – Apertura do evento
- 16:00 h – Obradoiro de bolsos upcycling
- 16:30 h – DJ Session
- 19:00 h – Obradoiro de bolsos upcycling
- 19:30 h – Baile
- 21:00 h – Peche do evento
Este mercado reciclado en Simia Espacio preséntase como unha oportunidade perfecta para quen busca alternativas sustentables na moda e no consumo, ao tempo que goza dunha fin de semana diferente en Vigo.
Máis
Hora
8 marzo, 2025 12:00 - 9 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Simia Espacio
Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual