
Detalles do eventos
ACTUALIZACIÓN: O sábado 24 a última hora a organización anuncia que o mercado queda cancelado por causas alleas a organización. Este
Detalles do eventos
ACTUALIZACIÓN: O sábado 24 a última hora a organización anuncia que o mercado queda cancelado por causas alleas a organización.
Este domingo 25 de maio, de 12:00 a 20:00 horas, o emblemático Paseo de Alfonso XII convértese no epicentro dunha xornada única: chega Folla de Lata, un novo mercado urbano que mestura antigüidades, vintage, segunda man, decoración e upcycling, coa mellor banda sonora de música house en directo, nun dos miradoiros máis bonitos da cidade.
Folla de Lata nace co obxectivo de reactivar o barrio, apostar pola economía circular e ofrecer á cidade de Vigo unha proposta cultural, estética e sostible que traia público novo ao barrio do Paseo de Alfonso XII e que tamén dea visibilidade ao talento local.
Un mercado con alma e segunda vida
A cita reúne e segue en procura de propostas locais de mobiliario e obxectos decorativos do século XX, moda vintage, coleccionismo, vinilos, xoguetes antigos e pezas de upcycling. Un mercado tipo fleamarket europeo que convida a comprar con conciencia, decorar con historia e vestir con personalidade.
Haberá ademais un taller de pintura téxtil impartido pola artista e programadora cultural Felicetta Gualtieri. Quen participe poderán levar unha peza en desuso para personalizala e darlle unha segunda vida. Para reservar: @felicettagualtieri
Música house de sello snAAck
A banda sonora do día correrá a cargo do equipo musical de snAAck Galicia, que asina a curaduría sonora do evento con referentes da escena local:
- Vidal, un dos creadores das festas Mecha en Vigo.
- Cristian Penelas, DJ e coorganizador de snAAck e The Afternoon.
- Arhana, tamén coorganizadora de snAAck.
Música desde o vermú ata o atardecer, acompañando o tránsito polos postos e creando esa enerxía especial que só se vive na rúa.
Participación y reservas: @snaack_galicia

Máis
Hora
25 maio, 2025 12:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
Paseo Alfonso XII
Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual