XERAIS

18abr12:0020:00A Morada celebra catro anos de coidadosFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 20:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada fai este sábado 18 de abril catro anos desde a súa apertura. A iniciativa naceu coa esencia dun patio de veciñas onde os coidados, o feminismo e a inclusión están no centro do proxecto. Majo, Freda e Ana crearon ao longo deste anos, en colaboración con moitas entidades da cidade, un espazo para coidadoras, mulleres coidadas, ou simplemente mulleres en busca dun espazo onde sentirse recollidas.

Establecido xa como espazo cultural e feminista de referencia, A Morada celebra por todo o alto estes catro anos de compañía, diversión, empatía e cultura, cunha programación de lecer especial na que combinan parte das actividades que podemos atopar ao longo de todo o ano nas súas instalacións. Durante toda a xornada celebrarase un mercado de artesanía e segunda man, obradoiros gratuítos e non faltará a música.

Programa:

  • 12:00 h Apertura do mercado
  • 13:00 h Actuación do Coro Cantamañás de Que pasa no barrio
  • 13:30 h Picada sesión vermú con VerusK
  • 17:00 h Foliada aberta a todo o mundo (se tes instrumento lévao)
  • 19:00 h Xogo musical — Sarandonga feminista —

Haberá dous obradoiros gratuítos:

  • 12:00 h Obradoiro de experimentación plástica para todas as idades, con Fedra
  • 18:00 h Obradoiro de reciclaxe textil con @‌brigada_dedal

Hora

18 abril, 2026 12:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events