CASTRELOS 25

27xuñ(xuñ 27)11:0028(xuñ 28)14:00AmoSárte FestFESTIVAIS E FEIRAS | Prezos variados11:00 - 14:00 (28)(GMT+02:00) Centro ArteSá

Detalles do eventos

O 27 e 28 de xuño, o Centro ArteSá organiza o AmoSárte Fest, un evento artístico que conta cun mercado de arte, charlas, obradoiros e o taller Manos a la obra. O mercado de arte reúne a catorce artistas locais, dándolles visibilidade e convertindo o Centro nun punto de venta artístico para a cidadanía viguesa. A programación completa é a seguinte:

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Venres, 27 de xuño

  • 11:00 h | Apertura do mercado de arte
  • A partir das 11:30 h | Pintacaras con Sonsoles Cordón, dirixido á cativada (6,00 €)
  • De 12:00 a 13:30 h | Taller de tinta chinesa con Blanca Muñiz, dirixido á cativada (15,00 €)
  • A partir das 13:30 h | Lectura de tarot e performance interactiva con Sabela Peinado
  • De 17:00 a 19:00 h | Demostración da técnica do mosaico con Daniela Fernández (de balde)
  • De 19:00 h a 20:30 h | Taller de tinta chinesa con Blanca Muñiz, para adultos (20,00 €)
  • 20:30 h | Peche do mercado de arte

Sábado, 28 de xuño

  • De 11:00 a 14:00 h | Taller Manos a la obra, da man de Ana Vizcaíno, dirixido á cativada (25,00 €, petiscos incluídos)

Ana Vizcaíno, mediadora cultural e educadora, ensinará técnicas artísticas que se empregaban na prehistoria e demais períodos da historia da arte, a través de ideas prácticas. Os menores de sete anos deberán estar acompañados dun adulto.

ARTISTAS LOCAIS

  • Pilar Mourín, artista que combina a pintura coa bixutería.
  • Blanca Muñiz Martínez, ilustradora e tatuadora.
  • Tama, artista, ilustradora, pintora, deseñadora e costureira.
  • Cuchiflainas, ilustradora, deseñadora, ceramista e costureira.
  • José Francisco Perregil, debuxante realista.
  • Artista Efímera e Nyanndrea, arte reciclado.
  • Willdorabuin, debuxo e pintura xaponesa.
  • Strawberry Matcha, ilustradores.
  • LAW, cantante, guionista, modelo, actriz de dobraxe e artista centrada na colaxe.
  • Hugo RG, ilustrador e deseñador gráfico.
  • Leticia Lopes, ilustradora.
  • Julio Barreira, debuxo e acuarela urbanos

Para participar nos obradoiros e talleres (agás o pintacaras e a demostración da técnica do mosaico) é necesario reservar praza. Pódese facer AQUÍ ou a través de @centroartesa (Instagram) e 643 61 72 95.

Máis

Hora

27 xuño, 2025 11:00 - 28 xuño, 2025 14:00(GMT+02:00)

Localización

Centro ArteSá

Rúa/ Pi y Margall 49, Vigo

Other Events